.
.
.
.
Artistas da colección
A colección Ordóñez-Falcón de Fotografía é a colección fotográfica en mans privadas máis relevante da península e, sen dúbida, tamén é unha das máis notables no ámbito internacional no que é referencia para moitos coleccionistas. Produto da paixón coleccionadora desde a década dos oitenta da parella formada por Enrique Ordóñez e Isabel Falcón, na actualidade esta colección ronda as mil cincocentas pezas e recolle desde as orixes da fotografía até as máis recentes manifestacións neste soporte no seo da arte contemporánea. A parte desta colección depositada no CGAC supón dotar o centro dun fondo de obra cunha representación artística de primeira orde que sera xestionada polo museo galego con vocación de continuidade e permanencia. O CGAC súmase a un grupo escollido de museos e centros de arte nos que se atopan os fondos da colección Ordóñez-Falcón de Fotografía, do que forman parte IVAM, MACBA, Artium e Museo de Belas Artes de Bilbao.
Enrique Ordóñez e Isabel Falcón partiron dun pequeno conxunto de fotografías que chegaron a eles como legado familiar para ir construíndo desde os anos oitenta unha colección abraiante. Nese momento inicial concentráronse en creacións contemporáneas de artistas aínda non recoñecidos como Cindy Sherman ou Andreas Gursky. Tamén se interesaron polas vangardas en países como a República Checa, Francia ou España e, nunha sorte de camiño contracorrente, a súa ollada pousouse nos pioneiros, enriquecendo a colección con documentos gráficos únicos do século XIX. Os fondos da colección Ordóñez-Falcón de Fotografía abranguen desde os inicios da fotografía, con autores do século XIX como Talbot ou Southware & Hawes a artistas contemporáneos xa consagrados. Diferentes exposicións téñense artellado a partir da colección, entre elas: La Colección Ordóñez-Falcón de Fotografía, IVAM, Valencia, 1997; La distancia crítica, Koldo Mitxelena, San Sebastian, 1998; La mirada ajena, Artium, Vitoria, 2002; Rostros y máscaras, Museu d´Art Espanyol Contemporani, Palma de Mallorca, 2005; Objeto de Réplica-La Colección VII, Artium, Vitoria, 2007-2008)
Pódese dicir que a evolución da arte fotográfica durante máis dun século está contida nesta colección, que se compon de imaxes de grande poder visual, independentemente das tendencias, épocas ou técnicas. Cómpre destacar tres corpus: mestres do XIX, vangardas de entre-guerras e fotografía contemporánea e, videocreación. Neste terceiro corpus, centrado na creación fotográfica contemporánea podemos enmarcar, o depósito de obras do CGAC.
Son oitenta e seis artistas representados e duascentas vinte pezas as que chegan ao CGAC como depósito da prestixiosa colección. Os fondos inclúen obras desde finais dos anos cincuenta do pasado século, pasando polos anos sesenta da man de artistas como Evelyn Hofer, Anders Petersen e Jorge Ribalta e atravesando os setenta e oitenta con obras de Bernard Plosu, Thomas Ruff e Dieter Appelt. Sen dúbida, son os últimos quince anos de fotografía e arte contemporánea os que protagonizan o conxunto que Enrique Ordóñez e Isabel Falcón depositan neste centro. Marina Abramovic, Txomin Badiola, Gabriele Basilico, Sergio Belinchón, Bleda y Rosa, Christian Boltanski, Iñaki Bonillas, Jean Marc Bustamante, Hannah Collins, Joan Fontcuberta, Hamish Fulton, Douglas Gordon, Marine Hugonnier, Jorge Molder, Xavier Ribas, Elena del Rivero, Andrés Serrano, Tacita Dean, Frank Thiel, Wolfgang Tillmans, Carla Van de Puttelaar, etc, son só algúns dos artistas que asinan as obras depositadas no CGAC.
Tal como sinalan os coleccionistas, non resulta doado trazar un denominador común para un conxunto fotográfico que recolle inquedanzas artísticas tan diversas e que aúna obras consideradas mestras e auténticos descubrimentos. Di Enrique Ordóñez que “un dos estímulos máis fascinantes que provoca unha fotografía é que cada vez que se mira, pódese obter unha imaxe diferente dela”. Despréndese, poren, á hora de enfrentarnos por vez primeira ás obras depositadas no CGAC a preminencia do retrato tanto como procura artística dos diferentes nomes que asoman neste conxunto como na pescuda dos propios coleccionistas. Pero é imposible cinguirse a un só aspecto ao traballar cun fondo no que se reflicten diferentes tendencias e preocupacións contemporáneas na fotografía como son a transformación da paisaxe ou a arquitectura do noso presente entendida como a interacción das persoas co seu contorno.
En definitiva, a incorporación deste fondo ao CGAC reforza unha liña de traballo en relación coa fotografía pola que se ten apostado desde o museo, tanto á hora de incrementar a colección como á hora de acometer proxectos expositivos. O CGAC é xa depositario doutras coleccións ; ademais da súa propia, conta en depósito coa Colección Areán, a Colección da Xunta de Galicia e a Colección Fundación ARCO. Agora, a Colección Ordóñez-Falcón de Fotografía afonda, dentro do CGAC, no protagonismo da fotografía na contemporaneidade abríndose, ademáis, á ollada dun público que terá a oportunidade de coñecer pezas pouco ou xamais expostas até agora.
ADVERTENCIA + NOTA DEL EQ-GC :
Arriba : Foto de Gustavo FARES > GUILLERMO CUELLO TRABAJANDO EN DAURA MUSEUM / VA / USA .
.
.
.
.
Este Blog contiene imágenes de desnudos artísticos, estéticos (no pornográficos). Se trata de modelos y performers trabajando en acciones específicas reconocidas en el Ambiente del Arte, Nacional e Internacional . No se recomienda a personas impresionables - y en el caso de menores - queda a disposición de sus padres juzgar, autorizar o no la visita al mismo, como al resto de blog asociados digitalmente con éste, a saber :
http://www.guillermocuello.blogspot.com/
(+ los de la Retrospectiva Digital " Cuerpos en Interfases")
&
http://www.gcequipo.blogspot.com/ (Blog I - INICIO )
y
Los blog señalados en la sidebar.
NOTA : se recomienda a los alumnos, utilizar el buscador interno de este blog, para estudiar temas como Técnicas Mixtas ; el Oleo ; el Acrílico ; la Forma etc. , o ingresar por NOTAS - APUNTES + "Entradas Antiguas" .
MUCHAS GRACIAS POR SU ATENCION.
.
.
.
.
Este Blog contiene imágenes de desnudos artísticos, estéticos (no pornográficos). Se trata de modelos y performers trabajando en acciones específicas reconocidas en el Ambiente del Arte, Nacional e Internacional . No se recomienda a personas impresionables - y en el caso de menores - queda a disposición de sus padres juzgar, autorizar o no la visita al mismo, como al resto de blog asociados digitalmente con éste, a saber :
http://www.guillermocuello.blogspot.com/
(+ los de la Retrospectiva Digital " Cuerpos en Interfases")
&
http://www.gcequipo.blogspot.com/ (Blog I - INICIO )
y
Los blog señalados en la sidebar.
NOTA : se recomienda a los alumnos, utilizar el buscador interno de este blog, para estudiar temas como Técnicas Mixtas ; el Oleo ; el Acrílico ; la Forma etc. , o ingresar por NOTAS - APUNTES + "Entradas Antiguas" .
MUCHAS GRACIAS POR SU ATENCION.